O meu xeito de correxir

Autor: David Romero. Licencia by-sa-nc
A corrección é a constante na vida dun docente, andamos a correxir libretas, libros (nos primeiros cursos), fichas, controis, traballos, etc. As veces, semella que é o único que facemos, correxir sen pausa nin descanso. Calquera que queira ensinar algo a alguen, ten que facer correccións e dar as pautas precisas para que se produza de maneira axeitada o obxectivo que andamos a buscar.
Ao estar nos primeiros cursos de Primaria trato de que esta tarefa sexa o máis eficiente para min e o máis eficaz para o alumnado. Ahí está a chave, se o meu tempo de corrección absorve demasiado tempo, perdo de dar clase. Se a corrección ten lugar fora da aula, o momento xa pasou, para cando o vexa a alumna ou o alumno, darálle igual. Non o vai a correxir porque estaremos con outra tarefa. O que fago para evitar isto, é ir correxindo ao longo da realización das tarefas, así poden correxir no momento, percatarse do erro, e realizar a corrección precisa.
A finalidade é supervisar o seu traballo no momento. Pode que vaian algúns cousas sen correxir, ou que me salte algún aspecto. Pero de nada vale ter todo correxido se non se fai unha retroalimentación no momento. Se a corrección ten lugar fora da aula, poden estar facendo as tarefas con erros e tirar para adiante. Por outra banda, así tamén realizáse unha valoración dos que van ben, sen erros e con boa presentación, indicando que están a realizar un bo traballo e indicando no que destacan.
En vez de correxir, podería dicir que superviso as tarefas e traballos do alumnado. Sería o término máis correcto, correxir o realizo cando hai atopo un erro, cando superviso, felicito, dou pautas de mellora e sinalo aquilo que debería cambiarse.