Finiquitando papeleo

Fonte: Pixabay.com

Levo un mes de curso e aínda me queda papeleo. O máis farragoso está rematado, que é a programación da PXA. Aínda coordinandose un  e adiantando chollo co que tiña, leva un mundo cando volves a un curso despois de tanto tempo.

Agora estou ultimando flecos e vendo como estructurar os contidos ao longo do curso, o que me leva bastante, para que teñan algo de coherencia. O bo de empregar unha plataforma dixital é que podo ir secuenciando, eliminando e modificando como quero os contidos. Xa o facía co libro de texto, pero así teño que dar menos explicaciones e resulta bastante cómodo.

Estou rematando a secuenciación de Matemáticas e pensando como pode resultar máis cómodo traballar. Xa falei no seu momento de como organizaba ao longo da semana a secuenciación de Matemáticas.

Please follow and like us:
Outubro 9, 2018

Etiquetas: , , ,