Programando o vindeiro curso

A estas alturas non estou en 5º, teño que pensar no vindeiro curso. Se me centro no curso no que estou para desenvolver os traballos dentro da plataforma dixial, estarei estancado e non darei avanzado este curso e o vindeiro.

Papel, goma, lapises e bombilla.
Fonte: Pixabay.com

A anticipación pode ser moi esaxerada, pero se quero se non quero que o curso que estou titorizando avance, o mellor é que este curso vaia modificando e ampliando os materiais das editoriais e deixarme levar un pouco.  Se me poño a adaptar todo, non darei feito, son moitas materias (as Linguas, Matemáticas e as Ciencias) e moitos os contidos, que se quero dalos ben, teño que ir adáptandome co que hai.

Ter unha plataforma dixital abre a porta a personalización de como queres dar esa materia. Pero iso implica un deseño e ter claro como hai que facer as cousas. Unha editorial ou un grupo que desenvolva materiais dixitais, terá o seu equipo de xente, e aquí, un está a traballar nun grupo de un ou dous (tres ou catro con sorte se hai unha boa coordinación e se todos son definitivos e teñen pensado continuar no ciclo).

Merece a pena adicarlle tempo ao deseño, non é tempo perdido, aínda que este leve un mes. En realidade, estase a aforrar tempo e problemas de cara o futuro.

Please follow and like us:
Novembro 2, 2018

Etiquetas: , ,