A miña titoria durante a cuarentena

Imaxe de Pixabay.com

Doulle outra vez vida á bitacora, agora que teño algo de marxe, co gallo de ter o colexio pechado. A situación na que estou é moi boa, ao estar en E-Dixgal teño a seguridade de que toda a clase ten ordenador, ademáis deume tempo a que descargaran os contidos para que, en caso de non ter internet na casa, puidan avanzar. O ter Abalar e que este permita comunicación bidireccional coas familias podía suplir a falta de conexión.

Aínda así non vou a avanzar materia. Quedan menos de tres semanas para acabar a avaliación, cunha ponte polo medio e a Semana Santa que estará aí esperando, uns trece días lectivos. Non íamos atrasados e incluso algo adiantados. Penso que ao facer formación a distancia é contrapudecente avanzar, aínda que iso será necesario se a situación excede estas tres semanas. É mellor adicarllo ao repaso por varias razones.

O primeiro que teño claro é que o importante non é avanzar no currículo, o importante é que os nenos e nenas da miña aula teñan algo que ocupe a cabeza e que serva de distracción. Están nunha situación excepcional e moi díficil. Os contidos serán accesibles porque hai que ter en conta de que moitos non terán axuda na casa. A raiz disto tomamos a miña compañeira de nivel e eu unha seri de decisións.

Colgamos tarefas que non teñan que imprimir. Non todos contan con impresora e se temos unha plataforma virtual, iso é secundario.

Non agobiar con traballos, a idea é que ocupe un par de sesións, non moi longas, non é cuestión de meter cinco horas de fichas.

Facer algún tipo de actividade que axude a enfocar a situación, neste caso os animamos a facer un diario, real ou ficticio.

Favorecer a autoavaliación, se son sinceros isto axudarálles a desenvolver a autonomía. Polo de agora a cousa semella que funciona.

Creamos un foro, a “Cafetería”, na que poño unha canción cada día para animar o ambiente e falar de cousas que non teñan que ver con contidos.

Imos facer un zoo de papiroflexia, moi fácil, as manualidades e propostas realistas son importantes.

Para rematar, unha vez a semana, colgamos un xogo de “Imprimir e xogar” gratuitos. Moitos deles non precisan impresión e cun par de dados, lápis e papel poden pasar a tarde.

O máis importante é que manteñamos a clase unida, que manteñan a comunicación entre eles que serva para desconectar un pouco do entorno e a situación que os rodea. Eu estou a poñer vídeos dando pautas para que vexan que estou aí, tratando de transmitir que aínda que mudara a situación todo sigue igual, polo menos no que respecta á aula.

Please follow and like us: