O establecemento de normas

Calquera que se adique a isto da docencia sabe que o primeiro paso é establecer unha serie de normas para convivir na aula. Somos un grupo de persoas que temos que vivir ao longo do curso durante moitas horas do día. Traballando e tendo os nósos días bos e malos.

Como son un defensor da frase “menos é máis” establezo tres palabras: RESPETAR, ESCOITAR, COIDAR. A partires dunha visión positiva, nunca me gustaron as normas de negativas e prohibitivas, creo que estas tres palabras son o resumo perfecto de como debemos convivir na aula.

Sempre emprego unha pequena dinámica inicial (realización dun mural, chuvia de ideas, etc.) e unha posta en común. O normal é que sempre propoñan normas dende a visión de prohibir (prohibido falar, prohibido pegar, etc.), pouco a pouco, falando e recopilando as propostas, as vou agrupando no encerado. Se hai un bo número de enunciados positivos son os que destaco e que me serven para propoñer as tres normas básicas das que falei antes. Así, se tivera lugar calquera incidente, sempre teremos unha referencia clara e positiva.

A seguinte parte é mostrar estas tres palabras na aula nun lugar destacado para que todos e todas podamos ter claro e poder convivir de maneira axeitada.

Please follow and like us:
Novembro 2, 2017

Etiquetas: , ,