Manter a bitácora?

?, ask, blackboard

Fonte: Pixabay.com

 

Manter ou non manter a bitácora? Que sentido ten? Ando a deixar as entradas, case teño máis borradores que entradas escritos. Non sei (aínda) que tono quero darlle. Non quero promoción, pero sen embargo estou de acordo en compartir o que fago na aula. Non considero útil que o meu alumnado (este ano sí que se dan condicións idoneas por idade e equipación) acuda a bitácora para dalgunha maneira acompañe a súa aprendizaxe. Por outra banda, as bitácoras están a morrer, non? Que sentido ten?

Houbo un momento no que me obriguei meténdome cun dominio propio, a pesar de perder cartos e tempo. Tiña claro que non fai falta; hai moi bos exemplos de bitácoras sen dominio que funcionan moi ben, renovan contidos e son referentes, pero pensei que así, tocando o peto, estaría obrigado a escribir, e nin por esas. Teño moitas excusas, pero a fundamental é o tempo e a desorganización.

Que sentido ten escribir unha entrada na que falo de intentar de novo por enésima vez ? Penso no esforzo que supón escribir, pensar que se vai dicir e que esto sexa de interese para alguén. Teño que poñerme, como un exercicio profesional, para mellorar a miña composición escrita e tamen ser un pouco consecuente co que pido e animo cada día. Da mesma maneira que penso que se nos ten que ver aos docentes ler, tamén se debería vernos escribir.

A ver, se de esta, vai unha cousa un pouco máis constante. Se non é así, perdoade, son persoa.

Please follow and like us:
Setembro 26, 2018

Etiquetas: , ,