Novos retos para este curso: novo ciclo

Este curso volvo a un curso no que xa estivera no seu día, 5º.  Por riba, e a razón de que estea, traballamos con E-Dixgal. Para os que non sepades de que vai, é unha proposta da CEOU na que cada alumno e alumna ten o seu propio portátil e contamos cunha plataforma de contidos para ir traballando.

Fonteo imaxe: Wikimedia Commons. Autor: Matt Batchelor  CC BY 2.0

 

A miña aula é de nova creación, ven dunha Abalar, e pouco a pouco a cousa vai marchando. Espero estar operativo o víndeiro luns. Polo de agora tocaba esperar algunha instalación, repartir equipos, dar un par de consellos e poñer un pouco de orde a hora de organizarse co equipo. Hai que recordar que non existen os “nativos dixitais”, ter un contacto con tabletas ou ordenadores dende pequenos non quere dicir que un se desenvolva de forma natural coas TICs.

No que toca coa programación, aínda as voltas. Rematando e poñendo en común coa compañeira de nivel (sempre teño sorte e sempre din coordinado). Prefiro adicarlle tempo e calma porque supoño que quedarei un tempo neste ciclo  nestes cursos. Incluso estou preparando o de 6º, ten sentido porque así teño temporalizado o que teño que dar e saber cales son as miñas prioridades.

Xa ire poñendo o que vin facendo os pasados días. Non é moi interesante pero serve para que faga algo de retrospectiva.

 

Please follow and like us:
Setembro 27, 2018

Etiquetas: , , ,