Primeiros días con equipos E-Dixgal

Levo un par de días cos equipos. Debido a que non tiñamos disponible o carro, preferíamos empezar cando todo estivera preparado. Era un risco poñer os equipos enchufados a corrente de maneira directa polas subidas de tensión que se poden dar.

Fonte: Eu

O primeiro día foi a familiarización co equipo. Semella moi básico, pero aínda que foran a informática había algúns aspectos de boas prácticas que había que ensinar ou recordar. Ademáis a meirande parte non coñecian a distro Debian (ou calquera outra GNU/Linux). Unha vez repasadas as teclas básicas e o que é internet empezamos a meternos no escritorio, accesos directos, menú de programas, etc.

Alguén poderá dicir que os famosos nativos dixitais existen, pero eu penso que non. Teñen experiencias como usuarios pasivos, e coñecen as rutas básicas para o desfrute de un par de aplicacións, ou sitios web. Pero carecen de autonomía e sacan un rendemento moi básico dun equipo informático. Para mostra, tiven que determe bastante na organización das carpetas, non por non saber o que eran, pero tiñan que ter claro como se organizan de maneira que resulte cómoda, eficiente e eficaz a experiencia de estudio e traballo cos equipos.

Esta semana empezamos co EVA, a plataforma de contidos, polo de agora vai tocar peneirar os contidos que ofrece, con calma pero sen pausa.

Please follow and like us:
Outubro 1, 2018

Etiquetas: , , ,