Vover a coller a coordinación TIC

Fonte: Pixabay.com

Os que traballan conmigo dirán que a min gústame o tema das TICs, andar cos equipos, coñecer as novidades tecnolóxicas, andar con EDIs, facer vídeos, etc, etc. Os que me coñecen no traballo saben que eu prefiro biblioteca, mil veces. Penso que podería aportar moito máis e disfrutaría o dobre. Gusto de ler máis que de respirar. Pero un non pode ter o que quere nesta vida. Así que me conformo en levar a biblioteca de aula e a animación a lectura dentro dela e colaborar todo o posible coa biblioteca do centro.

Dende que aterrei de maneira profesional na educación, formal e non formal (quen recorda esta última?), sempre tocoume encargarme do tema ordenadores, como monitor con aqueles infames NCs e a conexión (por non chamarlle outra cousa) que había nos centros da cidade. A ver, a iniciativa era moi boa, pero era complicada e tivera lugar de maneira previa a revolución da web 2.0 Era difícil, pero íanse facendo cousiñas.

Os meus primeiros pasos como docente era con escasos recursos e daquela xa ter un equipo na aula era todo un luxo. O mellor foi cando cheguei a pública. O mesmo ano que empezaba o tema de Drupal, Moodle, Coppermine nos centros. Colleume a directora e cun asesor en un par de horas dous días, tiven que enterarme de como ía a cousa e poñela en marcha. Pouco fixen nun curso pero algo puiden facer. A partir de ahí, sempre. Ata que un se cansa e cambia.

Agora toca volver. Toca volver nunha situación na que hai un equipo por neno e nena e unha plataforma de contidos. Unha situación que semella ideal pero que hai que saber xestionar para que o alumnado teña unha experiencia educativa axeitada. 

Please follow and like us:
Outubro 2, 2018

Etiquetas: , ,