Situación actual

Levo un mes cos equipos e a plataforma dixital. O silencio destas semanas ven motivado por un curso de formación, que queiras que non, rompía a tarde e despois non estaba para escribir.

Homiño mirando para dentro de un laberinto
Fonte: Pixabay.com

Tomando o pulso a plataformas, ao alumnado e aos contidos. Teño unha cousa clara, ou mellor dito, a tiña clara dende o primeiro momento, dende que se introduciron nas aulas o dixital frente ao libro: hai que facer todo por un mesmo. Non queda outra. Agora mesmo contamos con tres editoriais que ofertan materiais. Unhas con máis acerto que outras, aspectos positivos e negativos, coma todo, pero o fundamental é o tempo que van a estar ahí ofertando os seus contidos.

Por outra banda, está o feito de que non se pode traballar coma no libro de texto. Son dos que pensan que os libros de texto, se son bos, teñen a súa utilidade na aula e deberían estar presente ao longo da vida dos alumnos e alumnas. Pero ter un equipo por alumno e alumna, con conexión boa e unha plataforma na que podes engadir os contidos que queiras, sería perder a oportunidade que tes diante. O malo, que non é unha área, son sete, e moitos contidos.

Polo de agora estou realizando criba e organizando a vindeira avaliación. Preparando o curso que ven e vendo que tipo de actividades poden ir mellor. Hai que asegurarse que non perdan polo camiño e estean cunha formación o máis completa posible. Pero en realidade, iso que é?

Please follow and like us:
Outubro 31, 2018

Etiquetas: , ,